Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Recollidos en oito meses máis de 700 quilos de aceite usado de cociña

colector-aceite-domestico-usado-concello-zas
Recollidos en oito meses máis de 700 quilos de aceite usado de cociña

O Concello de Zas recolliu ao longo dos primeiros oito meses do ano un total de 705 quilos de aceite usado de cociña nos 21 colectores que se instalaron por todo o municipio en xuño do ano pasado. Os 705 quilos recollidos grazas á colaboración da veciñanza evitaron a contaminación de 775.500 litros de auga, xa que este é un residuo altamente contaminante que se soe tirar polo vertedeiro. 

En xuño do 2022 o Concello de Zas instalou por todo o municipio 21 colectores específicos para a recollida de aceite usado. Os colectores están distribuídos polas diferentes parroquias que forman o noso municipio e están instalados na vía pública polo que se poden usar todos os días do ano e a calquera hora do día. Tan só é necesario depositar o aceite de cociña usado en en botellas de plástico reusadas e debidamente pechadas. 

O Concello de Zas tamén ofrece un servizo de recollida gratuíto para os diferentes locais de hostalería do municipio.

Comentarios