Luns. 29.04.2024
El tiempo

Rede Aberta expande a fibra por Zas

Rede Aberta Zas
Rede Aberta expande a fibra por Zas

O alcalde de Zas, Lolo Muíño, tivo unha reunión onte coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, para revisar o despregue da banda ancha no municipio. Na reunión na que tamén participou, Rede Aberta, a empresa adxudicataria do Plan Único 2022 e que ten como encargo o despregamento da banda ancha no concello de Zas; fíxose un repaso dos lugares e parroquias ás que vai chegar, e dos prazos de execución desta nova fase.

Tamén analizaron a necesidade de achegar a información das zonas de actuación así como dos prazos á veciñanza do concello de Zas, asunto no que tanto o rexedor como os representantes da empresa Rede Aberta estiveron de acordo en facer de común acordo.

Máis novas

Comentarios