Venres. 26.04.2024
El tiempo

Rematou a Semana Cultural en Zas

Rematou a Semana Cultural en Zas
O pasado domingo, 7 de agosto, chegaba á súa fin a Semana Cultural do Concello de Zas. Unha semana que tiña como punto forte a Carballeira, da que faremos balance máis adiante. Polo de pronto imos centrarnos en diversas actividades como títeres, presentacións de libros, maxia, ou monólogos. O mércores día 3 celebraron un espectáculo de títeres con Babaluva Teatro, un obradoiro de manualidades infantís, un espectáculo de maxia da man de Cayetano Lledó, un monólogo con Evaristo Calvo e a presentación de dous libros: “Yo emigrante”, da Asociación Hijos de Zas e a Asociación Santa Comba de Xallas en Buenos Aires, e “Imaxina Fornelos, da Asociación A Fonte de Fornelos. Deixamos aquí as imaxes. Por outra banda, entre o xoves 4 e o venres 5 foi a quenda para Pintura na Rúa da man de David Planas, teatro con Malasombra, obradoiros de consumo e abalorios, monólogos, actuacións de música folk e música electrónica. Aquí podemos ver un resumo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Zas.

Comentarios