Rematadas as obras de mellora e ampliación do Centro de Saúde de Zas

O Centro de Saúde de Zas está renovado tralas obras financiadas ao 50% entre o Concello de Zas e o Sergas, cun importe que ascenderon a 131.723 euros.
Unhas obras, que comezaron en abril, que permiten a ampliación o consultorio, que contará cunha superficie útil de 204 m2, o que supón aumentar a superficie actual en case 96 m2, permitindo contar con zona de acceso común, zona de admisión, aseos públicos, dúas zonas de sala de espera independentes para medicina xeral e outra para pediatría, unha zona privada de office-almacén e vestiario, e cinco consultas para medicina xeral, enfermería xeral, urxencias, pediatría e enfermería pediátrica.
Ademais, realizáronse a renovación integral da cuberta así como na mellora da fachada, actuacións necesarias para o acondicionamento e mellora destas instalacións que se foron deteriorando co paso do tempo.