domingo. 10.11.2024
El tiempo

Este sábado ponse en funcionamento o novo ximnasio municipal de Baio

ximnasio-municipal-zas
Este sábado ponse en funcionamento o novo ximnasio municipal de Baio

Anunciado o pasado mes, o novo ximnasio de Baio realizará unha xornada de portas abertas este  sábado, 15 de abril, ás 19:30 horas. Será nun acto aberto a toda a veciñanza para que coñezan unhas instalacións que quedarán abertas ao público o vindeiro luns, 17 de abril.

O ximnasio municipal, ubicado no pavillón de Baio, está equipado con dúas salas - unha de musculación e outra de cardio - que en total suman uns 150 m2 así como vestiarios e aseos masculinos e femininos.

Mentras, continúa aberto o prazo de inscrición para o uso das instalacións que será gratuíto ata o 30 de xuño. O ximnasio municipal de Baio abrirá as súas ao público a partir do luns, 17 de abril. O horario de apertura é de luns a venres, de 09:00 a 22:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:30 horas. Tamén haberá un monitor que estará nas instalacións de luns a venres en horario de 16:00 a 22:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:30 horas.

Comentarios