Venres. 26.04.2024
El tiempo

Sheila Rial Mata recupera a ilusión socialista en Zas

PSOE de Zas 2023 Lista
Lista do PSOE de Zas
Sheila Rial Mata recupera a ilusión socialista en Zas

Tras doce anos sen representación en Zas, o PSdeG volve ter lista. E volve cunha lista encabezada por Sheila Rial Mata, que sinalou durante a súa presentación no auditorio de Zas que “volvemos para quedarnos e vimos cun proxecto, con propostas e cun programa que é de todos e de todas” .

PSOE de Zas 2023 Pres

Sheila estivo arroupado polo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, xunto a Bernardo Fernández Piñeiro, secretario xeral do PSdeG Provincial da Coruña, e a Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo.

“Teño o carácter e a capacidade para asumir este reto, para gobernar este municipio, para ser a próxima alcaldesa de Zas”, sinalou a candidata. “Preséntome porque quero darlle oportunidades a xente da miña xeración e xerar oportunidades para a xente que viviu toda a vida en Zas”, reiterou antes de engadir: “E, sobre todo, preséntome porque quero acabar con esa clase de política rancia, autoritaria e ditatorial que, aínda que pareza mentira, segue habendo”.

Valentín González Formoso dixo que “sei o difícil que é dar un paso como o que da Sheila nun concello gobernado polo BNG e, polo tanto, para min ten ese tripla valor que nunca esqueceremos os socialistas de Galicia. Un paso adiante a prol da túa vila, a prol dunha ideoloxía que se identifica non só coa Costa da Morte, senón con toda Galicia, co mellor de España e co mellor de Europa que se chama socialdemocracia”, recordou o líder dos socialistas quen instou á candidata a “transmitir ilusión nova en Zas, porque non hai proxecto máis ilusionante que devolver a ilusión á vila na que vives”.

Comentarios