Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Suso Lista conducirá a Festa da Carballeira

Suso Lista conducirá a Festa da Carballeira
Suso Lista Suso Lista é un incondicional asiduo á Festa da Carballeira Actor, guionista e escritor e... agora presentador. Suso Lista será o condutor da 35 edición da Carballeira de Zas programada para os días 3 e 4 de agosto. “Nunca perdín ningunha Carballeira, pero este ano será o primeiro que forme parte do cartel. Os outros anos desfrutei da festa como público, sen dúbida é unha festa que mostra a esencia da Costa da Morte, como ningunha outra”, sinala o cormelán. Para os organizadores - a asociación cultural Castro Meda co apoio do concello de Zas - é unha prioridade subir cada ano a calidade do cartel polo que “o presentador non podía ser unha excepción, queremos que o condutor deste evento, que ano tras ano cobra máis importancia, tanto en Galicia coma fóra, sexa alguén que saiba perfectamente o significado e a esencia que queremos transmitir. Para nos é unha honra que un personaxe como Suso, sexa o noso portavoz neste ano”. No currículo de Suso Lista aparecen series tan coñecidas como Mareas Vivas, Padre Casares, Matalobos ou Para mariñeiros nós, nesta última como actor e guionista. Longametraxes como A mariñeira (Antón Dobao, 2007) e Cela 2011 (Daniel Monzón, 2009), documentais, e tamén a publicación de tres obras literarias: Salseiros, (2014 Edicións Embora) e Xeixos, (2015, Edicións Embora) e Charamuscas (2017, Edicións Embora). Ademais foi gañador no ano 2013 do Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultura da Radio Galega, coa obra O demo nunca dorme. As entradas para o festival xa están dispoñibles a través da páxina web do festival  e a través de Ticketea cun prezo de preventa de 12€.

Máis información

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/cento-e-unha-razons-para-ir-a-carballeira-de-zas/ “Galicia, Escocia e Xapón protagonizan unha Festa da Carballeira de Zas máis folk ca nunca” — Que pasa na costa

Fonte

Comentarios