Mércores. 24.04.2024
El tiempo

As Torres do Allo despiden un verán completísimo no que recibiron 4.000 visitantes

Torres do Allo 2022-Quinquilláns
Os Quinquilláns foron uns dos grandes protagonistas do verán
As Torres do Allo despiden un verán completísimo no que recibiron 4.000 visitantes

Máis de 4000 persoas visitaron o pazo máis antigo de Galicia durante este verán. A completa programación que a Deputación e o Concello de Zas prepararon para as Torres do Allo tivo recompensa en materia de interese por parte da sociedade. Turistas e veciños aproveitaron as citas para coñecer a historia deste singular pazo.

Torres do Allo 2022-Quico Cadaval
Quico Cadaval

Actividades como as sesións de contos nas Torres con Paula Carballeira e Quico Cadaval onde se compartiron historias con moito humor e agarimo; concertos como os de FAIA e Tres Pesos que encheron o pazo de música tradicional e sentimento; visitas guiadas teatralizadas dos Quinquilláns que representaron a Francisca Riobóo e a Víctor López Seoane que compartiron cos labregos e labregas a historia do pazo, os costumes, tradicións e tamén as preocupacións do seu tempo; campamentos urbanos no que participaron máis de 100 nenos e nenas , a xornada do liño e a romería de San Ramón nos que se brindaron actuacións e degustacións; e actividades cheas de misterio como xogo de escapismo Demoscape Room e a búsqueda do tesouro.

Torres do Allo 2022-Paula Carballeira
Paula Carballeira

As Torres do Allo despídese do verán e volve co horario de tempada baixa, o pazo abrirá os sábados, domingos e festivos de 11:00 a 19:00 horas. Realizarase máis actividades que se irán informando nas redes sociais de Facebook e Instagram.

Torres do Allo 2022-Concerto de FAIA
Concerto de FAIA
Torres do Allo 2022-Desfile do liño
Desfile do liño
Torres do Allo 2022-Tres Pesos
Tres Pesos

Comentarios