Martes. 23.04.2024
El tiempo

As Torres do Allo xa ten o seu enfoque favorito

Premios de fotografia Concurso Torres do Allo
As Torres do Allo xa ten o seu enfoque favorito

Xa ten resolución o III Concurso de Fotografía Móbil “Enfoques do Allo”. O xurado popular escolleu as 3 mellores fotos cas súas votacións (2.554 votos) a través das redes sociais.
Antes, un xurado formado por profesionais da comunicación coma Verónica Couto, Xurxo Sánchez e Jorge Parri, o fotógrafo Marcos Rodríguez, e a técnica de cultura do Concello de Zas, Tania Carreira, realizara a primeira escolma de 10 fotografías que desputaron o premio final nas redes sociais das Torres do Allo.

A fotografía gañadora do certame foi a de Ysabel Cupeiro, que acadou un total de 798 “gústame” a través de Facebook e Instagram, seguida de Jorge Martínez con 650 votos e Antía Varela con 507 votos, que acadaron o segundo e o terceiro premio respectivamente. A contía dos 3 premios que ofrece o Concello de Zas é de 100€ para a primeira fotografía clasificada, 75€ para a segunda e 50€ para a terceira.

Mireia Maraia, Eva Rial, David Pino, Joaquín Moreira, Arantza González, Susana Sóñora e Sergio Lema foron o resto de finalistas.

Comentarios