Sábado. 27.07.2024
El tiempo

“O traballo de Andrea”, do Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros, triunfa na VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

VII_mostra_teatro_afeccionado_labarta_Pose_Entrega_Premios
“O traballo de Andrea”, do Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros, triunfa na VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

Esta fin de semana tivo lugar no Auditorio de Zas o acto de entrega de premios da VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, organizada polo Concello de Zas. Nesta edición, un total de 28 obras de teatro de diferentes grupos e compañías de toda a comunidade optaron a ser finalistas e das cales o xurado, integrado por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius, seleccionou cinco.

“O traballo de Andrea” foi a obra de teatro con maior número de recoñecementos. Este drama, interpretado polo Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros (Lugo), ten como protagonista a Andrea; unha rapaza que está a facer o seu traballo de fin de curso. Os representantes do colectivo déronlle as grazas e os parabéns ao Concello de Zas por fomentar o teatro amateur e despois do éxito deste ano, que era a primeira vez que se presentaban, aseguraron que “volveremos ás vindeiras edicións”.

Este foi o reparto dos 3.900€ en premios:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado (900€, trofeo e diploma acreditativo): "O traballo de Andrea", do Colectivo Cultural Ollomao
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma acreditativo): “Crónica dun pobo", de Gargallada Teatro
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma acreditativo): "A pousada da pantasma coxa", de A.C. Faíscas
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma acreditativo): “Lonxe dos teus abrazos", de A.C. Teatro do Ar
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma acredidativo): “Fatum", de O Catre Teatro
  • Premio á mellor obra elixida polo público (200€, trofeo e diploma acreditativo): “O traballo de Andrea", do Colectivo Cultural Ollomao
  • Premio ao mellor actor (trofeo e diploma acreditativo): Emilio González López, pola súa interpretación de Ditador na obra "Crónica dun pobo", de Gargallada Teatro.
  • Premio á mellor actriz (trofeo e diploma acreditativo): Miriam Bouso Gallego, pola súa interpretación de Andrea na obra "O traballo de Andrea";, do Colectivo Cultural Ollomao

Recoñecemento a Badius

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, tamén fixo a entrega en nome de todo o Concello dun trofeo aos membros de Badius para recoñecer os máis de 40 anos que leva enriba dos escenarios.

Clausura da Escola de Teatro Infantil do Concello de Zas

Antes de ser a entrega de premios da VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose tivo lugar a clausura da Escola de Teatro Infantil do Concello de Zas, dirixida por Toño Casais. Os nenos e nenas interpretaron “O rei nú”; unha divertida obra de teatro coa que o público pasou un anaco moi entretido.

Comentarios