![naturmaz]()
O campamento de tres días está dirixido a nenos e nenas de 7 a 14 anos
Mañá é o último día para apuntarse no
campamento Naturmaz, organizado polo concello de Zas no marco do seu
programa de conciliación laboral e familiar Zas no verán!. O campamento terá lugar os días 18, 19 e 20 agosto nas instalacións do aeródromo da Fervenza, en Mazaricos, e nel poderán participar nenos e nenas de 7 a 14 anos. Alí practicarán actividades deportivas como tirolesa, escalada,
paintball, circuito multiaventura,
rappel, tiro con arco, piragüismo, sendeirismo con orientación, actividades con cabalos,… e moitos máis xogos.
O campamento de tres días de duración ten un custe de 45€ para os empadroados/as e 95€ para os non empadroados/as nos que se inclúe traslados, aloxamento en albergue, comidas e as actividades. En total hai dispoñibles 45 prazas. No caso de haber máis solicitudes que prazas, realizarase sorteo o xoves 12 de xullo.
Talleres de actividades
Mentras no Centro Sociocultural de Zas haberá uns obradoiros dirixidos aos máis máis novos. Estes talleres de actividades realizaranse en horario de mañá e nel poden participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 7 anos.
As inscricións en calquera dos dous campamentos pódense realizar no Centro Sociocultural de Baio ou no de Zas ou a través dos números de teléfono 981 751 398 e 981 718 056 (de luns a venres en horario de 09:30 a 14:00 horas).
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Zas