Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Últimos días para participar nos Premios Fouciño

Últimos días para participar nos Premios Fouciño
cura-baio-premios-foucino Á promoción do festival sumouse o cura de Baio que anima a enviar as curtas dentro do prazo, que remata este vernes, para conseguir o perdón Vai chegando ao seu fin o prazo para presentar as curtas ao concurso dos Premios Fouciño de Baio e no que se reparten 1.000 euros en premios. O concello de Zas, organizador do certame xunto cun grupo de mozos e mozas da vila, ampliou ata o próximo venres, 8 de xuño, o prazo para presentar as curtametraxes. Un ano máis, o certame conta co apoio sacerdotal a través do párroco de Baio tal e como se pode ver no último vídeo promocional colgado na canle de Youtube dos Fouciño. O concurso dívidese en dúas categorías; unha para centros de ensino e outra aberta para o público en xeral. En total, repartiranse 1.000 euros en premios ademais dos trofeos conmemorativos. A temática é libre e as pezas deberán ter unha duración máxima de cinco minutos e ser en galego ou posuír os subtítulos en galego. Entre todas as pezas presentadas na categoría libre seleccionaranse dez curtametraxes finalistas e outras tres de reserva. No caso da categoría para centros de ensino, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos, pasarán á final todas as curtas presentadas. As bases do concurso pódense consultar na páxina web municipal do concello de Zas.   Novas relacionadas

Fonte

Comentarios