Un certame de marcapáxinas e moita lectura para as Letras Galegas de Zas
          
    09:15 10/05/12 
            
O Concello de Zas úneses ás propostas das Letras Galegas cun clásico certame de marcapáxinas e moitas actividades. O Concello tamén colabora coa campaña Vitaminas para o galego, e regalará a todos os seus alumnos uns lapis da campaña.
Ademais presenta un completo Folleto informativo no que recupera a vida e obra do autor homenaxeado, Valentín Paz Andrade.
IV Concurso de Marcapáxinas
A Bilioteca Municipal convoca este concurso destinado ao alumnado dos centros de ensino do Concello. Establécense tres categorías.Actividades
- 15 de Maio: Sesión de contacontos. Compañía do Trinke Trinke. Na Biblioteca municipal (18:15 h).
 - 18 de Maio: Teatro. Grupo Feminino Plural do IES Maximino Romero. “Histerias da Humanidade”. No Auditorio do Concello (20:00h).
 - 19 de Maio: Entrega de premios do IV concurso de Marcapáxinas. No Centro Sociocultural de Zas (18:30h).
- Foliada Tradicional. Coa participación do grupo Churía da A.C. Castro-Meda. - 22 de Maio: Animación á Lectura. Compañía do Trinke Trinke. “Viaxe pola Galicia encantada”. No CEIP Labarta Pose (10:30h) e no CPI de Zas (12:30h).
 - 3 de Xuño: Teatro. Clausura das escolas municipais de Zas e Baio. No Auditorio de Baio (18:00h).
 
Programas das Letras Galegas
- Festiletras: Arrinca un Festiletras con 30 anos de bulir cultural.
 - Carballo: Carballo fai entrega das súas Vitaminas para o galego.
 - Carnota: Carnota dá Vitaminas ao galego cun gran Mes das Letras.
 - Cee: Cee artella un programa das Letras Galegas con teatro, pintura, música e moito máis.
 - Fisterra: Hiphop, poesía e humor para o mes das Letras Galegas de Fisterra.
 - Muxía: Abente será homenaxeado nun completo programa das Letras muxián.
 
Fonte
- Concello de Zas.