Luns. 14.10.2024
El tiempo

Un grupo de profesores de distintas universidades visitan as Torres do Allo

Un grupo de profesores de distintas universidades visitan as Torres do Allo
horario-torres-do-allo O pazo das Torres do Allo (Zas) é un dos máis antigos de Galicia As Torres do Allo - un dos pazos máis antigos de Galicia - reciben hoxe, a partir das 10 horas, a visita de máis de 40 participantes do congreso internacional “Viaxeiros II. Transitando pola Idade Media” organizado polos departamentos de Historia Medieval, Historia da Arte, Filoloxía Románica, Filoloxía Galaico-Portuguesa e Filoloxía Clásica da Universidade de Santiago de Compostela. Este grupo de visitantes está formado por un nutrido grupo de profesores galegos, brasilerios, portugueses e franceses ademais de investigadores, bolseiros e alumnado de grao e doutoramento. O interese desta visita radica na explicación de Torres do Allo como bisagra entre o Medievo e a Idade Moderna, supondo un dos exemplos máis sobranceiros do tránsito dos modos de vida medievais cara ao Antigo Réxime, e inauguración dunha tipoloxía edilicia cun grande recorrido futuro. Novas relacionadas Fonte

Comentarios