Un regalo viral para os 30 anos de Badius Teatro

21:00 18/12/14
Así celebran os bos e xenerosos de Badius Teatro os seus 30 anos sobre os escenarios, que se di pronto. Queren facer unha montaxe en vídeo con todos os que vos animedes a enviarlles ao seu Facebook, cun saúdo/felicitación. Algo sinxelo que non exceda dos 10 segundos para armar unha felicitación completa.
Actores, público, alumnos actuais ou antigos, familiares, amigos… Todos podedes participar neste fermoso detalle.
30 anos actuando, e formando
Son moitos 30 anos, subindo aos escenarios, pero tamén formando a pequenos, e non tanto, actores da zona.
Unha das actividades que mantén vivo ao grupo son as clases da Escola de Teatro Infantil en Baio e Zas, que seguen en marcha este curso, por oitavo ano, contando con “Os dous de sempre”, que non son outros que Marco e Pibe.
Máis información
Novas relacionadas
- 14-11-14: Badius arrinca cas clases da Escola de Teatro Infantil en Baio e Zas.
- Nova fornada de actores en Zas.
- Badius Teatro xa fai o sueco no Youtube.
- 25 anos espallando o teatro dende Baio para toda a Costa da Morte.
- O teatro pechou o curso en Zas.
- Badius e Feminino Plural gañan premios no certame de teatro afeccionado máis importante do país .
- Un novo premio nas vitrinas do grupo de teatro Badius .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
