Xoves. 16.05.2024
El tiempo

Unha baiesa une as súas tres paixóns nunha tenda online de regalos artesás con historia

Unha baiesa une as súas tres paixóns nunha tenda online de regalos artesás con historia
Cositas Viajeras de Dunia Hania dende Baio Carmen Vidal Valina

Hoxa falamos con Carme Vidal Valiña, unha moza emprendedora de Baio que hai uns meses uniu as súas tres grandes paixóns: as viaxes, os obxectos fermosos e o xornalismo. E faino a través dunha tenda online de artesanía e historias do mundo. O resultado é Dunia Hania, www.duniahania.com, un lugar inspirador no que se poden mercar dende pulseiras dunha tribu namibia ata carteiras maias chegadas dende México ou caixiñas de alabastro talladas no Sáhara.

A peculiaridade desta tenda é que todos os produtos, ademais, poden acompañarse de imaxes e historias xornalísticas dos lugares onde foron adquiridas, para crear unha auténtica experiencia viaxeira con cada compra. Un xeito de saber exactamente que é o que compras, algo fundamental e ao que normalmente non prestamos atención.

Gusta moito de viaxar esta nova baiesa, pero os seus destinos sempre son escollidos con mimo. Como todos os produtos que podemos atopar na web, seleccionados persoalmente por gracias á súa beleza e orixinalidade. Xunto aos productos de creadores locais, a sección “Proveedores” permite escoller outros con toque de autor: as libretas feitas a man de La Diéresis, a cosmética biolóxica de Moroccan Natural Secrets, os salvamanteis orientáis de Atelier des Italiens ou a cerámica contemporánea con toques marroquíes de eWWel.

Todos estos obxectos poden acompañarse de textos e imaxes dos lugares onde foron comprados, para crear verdadeiras “cousiñas viaxeiras” que conten unha historia. E sempre asegurando prezos xustos aos productores e con empaquetados moi coidados, dedicatoria personalizada incluida. Todo feito a man e con moito amor.

Boa sorte nesta andadura na rede Carmen!

Máis información

Fonte

Comentarios