Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha fin de semana de actividades en Zas

Unha fin de semana de actividades en Zas
O Concello de Zas organizará un par de actividades de lecer para esta fin de semana, moi saudables, ámbalas dúas. Este sábado, 20 de agosto, celebrarán a Xornada do Deporte de Aventura para Persoas Adultas. Realizarán actividades como tirolina, escalada, ponte tibetana e liga de paintball durante todo o día. Os participantes sairán ás 09:30h dende a Praza do Concello de Zas. Por outra banda, xa o domingo, 21 de agosto, celebrarán o Día da Bici. Realizarase un percorrido en bicicleta polo concello durante a mañá, para rematar cun xantar de convivencia, cun sorteo de diferentes agasallos entre os participantes. Sairán ás 10:00h dende o Concello. Camiño a pé a Fisterra e Muxía O Concello de Zas vén de abrir o prazo de inscrición para o “Camiño a pé”, unha actividades baseada no Camiño, e que comezaban o ano pasado dende O Cebreiro ata Santiago. Este verán están a ir dende Santiago ata Fisterra, e xa en outono chegarán ata Muxia. A actividade desenvolverase en dúas etapas de 14 e 17 quilómetros, aproximadamente. Será nos sábados 8 e 15 de outubro. O prezo é de cinco euros por etapa, e para inscribirse hai que dirixise á Casa do Concello antes do 29 de setembro. No caso de que haxa persoas interesadas, apuntan dende o Concello que poderase organizar un xantar de clausura en Muxía no último día. É necesario avisar no intre da inscrición. Para máis información, hai habilitados tres teléfonos. O do Concello de Zas é o 981 708 303, o do Centro Sociocultural de Zas é o 981 751 398, e o do Centro Sociocultural de Baio é o 981 718 056.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Zas.

Comentarios