Unha marea de pelotas amarelas invaden Baio

08:46 13/05/15

Estes días Baio énchese de pelotas amarelas. Cincuenta e nove establecementos da zona: comerciantes, hosteleros, automobil e outros sectores, están cos últimos preparativos da campaña que se vai celebrar o vindeiro fin de semana 15, 16 e 17 de maio.
Están programadas distintas actividades e eventos do máis variado, descontos nos comercios, podemos atopar de case todo, dende textil, calzado, electrodomésticos, mobles, alimentación, bazar, droguería perfumería, floristerías…etc.. O sector do automobil celebrará xornadas de portas abertas ofrecendo ao público vehículos a prezos atractivos e gran variedade. Pode ser esta unha boa ocasión para renovar o autómobil ou mesmo adquirir algúns equipamentos. E se queremos degustar unhas boas tapas e un bo viño, decir que nos bares, cafeterias e restaurantes haberá tapas que se un está a dieta eses días vaise esquencer de seguila. Así para ir entrando en materia, podemos adiantar algunha delas: cazoliña de mar, filloas recheas de marisco, aro de grelos cucurucho de polo e nachos, lombo en salsa de champiñons… etc… Un mercado de artesáns e de produtos ecolóxicos completa a Campaña Baio ten a Pelota. Haberá preto de 50 postos de artesanía: coiro, pel, xoieria, madeira, cesteiros, zoqueiros, redeiras, palilleira…etc… Pero ahí non remata a cousa, o público poderá atopar outras actividades. Os máis cativos sábado pola tarde e o domingo ( mañá e tarde) terán inhables gratis acompañado de xogos deportivos ( porterías , sacos, globoflexia, pintacaras, karaoke, pelotas, bolos….).Exposición de coches antiguos e motos, música na rúa, actividades ao aire libre de defensa personal, zumba e bokwa, estarán na zona profesionais recoñecidos como Felipe Meana representante de España de Krav-Maga e titulados en Zumba, invitados polo Ximnasio de Baio; etc… E ademáis, a visitas a Baio durante eses días terán premios, sortearanse cinco premios entre eles 2 viaxes, bonos valorados por 500,00 euros etc… Como se espera unha gran afluencia de visitantes señalar que establecerán zonas de aparcamento cercanas, gratuitas e perfectamente señalizadas.Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).