Unha Ronda polas tabernas labartianas para despedir o Nadal

08:52 10/01/11

A Casa Rogelio, en Baio, foi o lugar onde a se deron por pechados os actos do Nadal cultural de Baio (coordinados pola FABA). E foi a Coral Xan Mella e o Tren da Unha de Laxe quen fixeron as delicias dos asistentes, coa tradicional Ronda de Nadal polos bares e tabernas da vila labartiana.
As cantigas foron as protagonistas. E unha das máis senlleiras foi o "Chata - Chatona" de José Toja "Piticas", un poema inédito de Antonio do Machado. Aí o queda.
Novas relacionadas
- Un ano en clave coral ata o final.
- A música coral invadíu as Igrexas de Baio e Corme.
- Iria Bermúmez, unha mazaricá no Luar.
Fonte
- Nota de prensa da Coral Xan Mella.