A unidade móbil do DNI permitiu que 70 veciñ@s non se tiveran que desprazar para facer trámites
As visitas da unidade móbil do DNI permiten non ter que desprazarse ás cidades para facer trámites “burrocráticos” tan sinxelos como a renovación do DNI ou o pasaporte. Por Zas, que o ano pasado conseguía que volvera tras 10 anos sen facelo, recibían este luns a primeira das visitas do 2019, e permitía que uns 70 veciños e veciñas de Zas e doutros municipios limítrofes puidesen realizar esas xestións.
“O feito de que se cubriran case todas as prazas demostra a importancia que teñen este tipo de servizos no rural”, destaca o Alcalde de Zas.
A documentación tramitada no día hoxe deberá recollerse o vindeiro mércores, 20 de febreiro, na casa consistorial.
Próximas citas
As próximas visitas durante o 2019 serán o 10 de maio e o 10 de outubro. Polo que os/as interesados/as xa poden pedir cita no 981 70 83 03.