Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A veciñanza de Zas recicla 400 kilos de aceite en apenas 5 meses

colector-aceite-usado-lamas-zas
A veciñanza de Zas recicla 400 kilos de aceite en apenas 5 meses

Dende o pasado mes de xuño, cando se instalaron 20 colectores instalados en distintos puntos do Concello de Zas, ata este pasado 7 de novembro, recolléronse un total de 404 quilos de aceite usado. A correcta xestión deste residuo evitou a contaminación de 444.400 litros de auga, xa que é vertido que se soe tirar polo sumidoiro.

Calquera veciño ou veciña pode usar estes colectores e o único requisito é depositar o aceite doméstico usado en botellas de plástico recicladas e ben pechadas. Dende o Concello de Zas tamén se ofrece para os locais de hostalería un servizo de recollida porta a porta gratuíto.

Comentarios