Martes. 07.05.2024
El tiempo

A VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose coa compañía Hipócrita Teatro

hipocrita-teatro-ARTE
Arte de Hipócrita Teatro
A VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose coa compañía Hipócrita Teatro

Este sábado continúa no Auditorio do Zas a VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose coa representación de “Arte”; unha traxicomedia que nos trae a compañía lucense Hipócrita Teatro. A función, que comeza ás 21:00 horas, está dirixida a maiores de 12 ano e dura uns setenta minutos.

“Arte”, da dramaturga Yasmina Reza, trata sobre a amizade e sobre a fraxilidade dos lazos humanos. Veremos como en cuestión de moi pouco tempo, tres amigos fan saltar polos aires unha relación de máis de vinte anos.

Esta foi unha das cinco obras seleccionadas polo xurado para a VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. O Concello de Zas repartirá 3.500 euros en premios co fin de fomenar o teatro amateur feito en galego.

VI-Mostra-Teatro-Afeccionado-Labarta-Pose

Comentarios