Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Volve a Festa da Carballeira de Baio o último domingo de xuño

  • O Concello pide que non se reserven as parcelas ata a tarde do 21 de xuño
festa-carballeira-baio-2022
Volve a Festa da Carballeira de Baio o último domingo de xuño

O último domingo do mes de xuño, o día 26, volve a Festa da Carballeira de Baio. Unha das romarías máis auténticas da Costa da Morte. Unha festa organizada dende hai varios anos polo Concello de Zas en colaboración da Asociación Cultural Adro e da Comisión de Festas de Baio.

E chega, coma sempre cargada de música. Xa na sesión vermú teremos o Trío Arena e o Dúo D’Festa. De animar a sobremesa encargarase a Charanga Santa Compaña. E xa pola tarde volverán a actuar o Trío Arena e o Dúo Charanga que tocarán ata ben entrada a noite. Os grupos de música tradicional da Asociación Cultural Adro tamén tocarán algunha peza ao longo da xornada festiva.

O Concello, que lembra que non está permitido facer lume no chan, instalar carpas pechadas nin usar equipos musicais, solicita á veciñanza que agarde ata a tarde do 21 de xuño para marcar os sitios nos que colocarán as mesas debido a que ese mesmo día pola mañá os nenos e nenas do CEIP Labarta Pose despidirán o curso 2021/2022 cunha xornada de xogos. “Dende o Concello entendemos que as cintas e/ou cordeis que se usan habitualmente para reservar os sitios supoñen un perigo para os nenos e nenas ademais de interrumpirlle a súa xornada de lecer”, apuntan.

Comentarios