sábado. 18.01.2025
El tiempo

Volve o Nadal ás Torres do Allo cun Obradoiro familiar

De noite nas Torres do Allo
Volve o Nadal ás Torres do Allo cun Obradoiro familiar

En paralelo ao completo programa de nadal municipal do Concello de Zas, e á campaña de ofertas para fomentar o comercio local, a veciñanza da comarca de Soneira pode participar na última acción de 2024 das Torres do Allo.

Os días 21 e 22 de decembro o pazo máis antigo de Galicia despedirá 2024 co úlitmo obradoiro para a rapazada organizada polo Concello de Zas coa colaboración da Deputación da Coruña.

A actividade será no interior do pazo ás 16:00h da tarde ambos días. Consistirá nun obradoiro para os nenos e nenas de 4 a 10 anos no que poderán pintar en lenzo escenas festivas para decorar nas súas casas en Nadal. Ademáis diso escribiranse as cartas para mandar aos Reis Magos.

A actividade será gratuita e para participar será preciso inscribirse previamente nos Centros Socioculturais de Zas ou Baio (981 751 398 / 981 718 056) ou no mesmo correo das Torresdo Allo ([email protected]). As prazas serán limitadas

Máis novas

 

Comentarios