Os comercios e os locais hostaleiros e de servizos de Baio sortean 1000€ en bonos coas compras deste Nadal
Este sábado e domingo, Baio ponse de gala para a I Feira de Artesanía de Nadal. Pero ademais, a nova organización de empresarios, BaiON, para amenizar as compras e poñen en valor o comercio e a hostalería local, lanza a campaña "Vive o Nadal en Baio".
Así, coas compras de Nadal xa en marcha; o sector comercial, hostaleiro e de servicios de Baio quere unha vez máis agradecer a toda aquela clientela que aposte polo comercio local e de proximidade cun sorteo de máis de 1.000 euros en bonos de compra.
A campaña, impulsada polo Concello de Zas e a agrupación empresarial BaiOn, desenvolverase dende este sábado - 14 de decembro - ata o 5 de xaneiro, en paralelo ao completo programa de Nadal municipal. Nela participan case 70 establecementos da vila que contan nas súas portas e escaparates cun distintivo en forma de piruletas.
Todas as compras e consumicións realizadas neles terán opción a un dos bonos de compra que se sortearán unha vez rematada a campaña comercial.