A maxia do Nadal chega a Zas cun completo programa de actividades
Esta fin de semana Baio prepárase para a I Feira de Artesanía de Nadal, artellada polo Concello e a nova agrupación empresarial BaiON. Será o comezo do que se perfila como un Nadal de maxia e ilusión no concello zaseiro.
Pero o Nadal será moito máis longo. O Concello presenta o amplo programa de actividades #NadalZas, "pensado para toda a familia e especial para os máis pequenos”, destaca o Alcalde de Zas, Manuel Muíño.
O martes 17 de decembro, temos unha sesión de contacontos para bebés que nos traerá Migallas Teatro ao Centro Sociocultural de Zas a iso das 17:30 horas e que leva por Título “Os tres porquiños”.
Como nos últimos anos, haberá funcións escolares. E nesta ocasión contaremos co espectáculo infantil “Máis Saaabor” que interpretarán os de Culturactiva Producións o día 18 de decembro no CPI de Zas (10:30 horas) e no CEIP Labarta Pose (12:30 horas).
A Escola de Música Moderna ofrecerá o 19 de decembro as 18:30 horas un Festival de Nadal no que tocará e cantará todo o alumnado. Será no Centro Sociocultural de Zas.
O sábado 21 de decembro recibián a Visita de Papá Noel que virá acompañado da actuación “Dalle Co Pé”, que Pulpiño Viascón. Será ás 12:00 horas no Centro Sociocultural de Zas e ás 17:00 na Praza Jorge Mira de Baio.
O día 28 de decembro comezará coa Festa Infantil pre fin de ano con badaladas e carteiro real incluído. Será a partir das 11:30 horas no Centro Sociocultural de Zas onde actuará “Duende Circo” e ás 17:30 horas na Praza Jorge Mira coa actuación de Lote Malabar “Cirkote”. A iso das 20:30 horas Badius Teatro representará no Auditorio de Baio a súa obra “O parvo” e a patir das 22:30 horas haberá outra festa pre fin de ano para o público adulto na Praza Jorge Mira cun concerto da man de Louband.
O 29 de decembro a ac8vidade trasládase a Carreira onde recibirán ao Apalpador, Alí, dento do programa “Espías do Bosque” da Asociación Ambiental Senda Nova, realizarán obradoiros para recoñecer as diferentes especies de árbores autóctonas, visitaremos a aldea e o seu Museo do Liño, recibirán ao Apaldador e bailarán coa música de “Os Gaiteiros de Churía”. Todo a partir das 17:00 horas.
Reis Magos
No Concello de Zas tamén estamos a preparar todo para recibir a visita dos Reis Magos que farán un percorrido polo noso municipio o 4 e o 5 de xaneiro. O día 5 tamén teremos a Cabalgata de Reis. En baio será a par8r das 18:00 horas e logo realizarán unha recepción real na Praza Jorge Mira onde actuará o Mago Noel. E en Zas a Cabalgata dos Reis Magos percorrerá as rúas a partir das 18:30 horas para rematar cunha recepción real na Praza do Concello onde acturará “Peter Punk”.
A programación do Nadal remata con dúas obras de teatro. Unha será o 11 de xaneiro no Auditorio de Baio onde Sarabela Teatro interpretará “Made in Galiza”. E ao sábado seguinte, 18 de xaneiro, pechamos o programa no Auditorio de Zas coa obra “A voltas co morto” interpretada por Sen Tempo Teatro.
Obradoiros de Nadal
A programación complétase cos obradoiros infantís de Nadal cos que o Concello de Zas quere facilitar a conciliación laboral e familiar da nosa veciñanza e que son totalmente gratuítos. Haberá talleres nas Torres do Allo (21 e 22 de decembro), no Centro Sociocultural de Zas (do 23 ao 27 de decembro) e no Centro Sociocultural de Baio (do 30 de decembro ao 3 de xaneiro). Este ano tamén realizarán un obradoiro de “Adornos de Nadal” dirixido ao público adulto e que será os días 21 e 28 de decembro ás 16:00 horas no Centro Sociocultural de Zas.
Para participar en calquera destes obradoiros é necesario anotarse previamente no 981 751 398 ou no 981 718 056.
Todas as actividades do programa NADAL ZAS son gratuítas.