Martes. 18.06.2019
El tiempo

Os Xogos Tradicionais invaden as Torres do Allo

Os Xogos Tradicionais invaden as Torres do Allo

Poucas citas hai na comarca para recuperar os xogos tradicionais. Por iso, a aposta das Torres do Allo polo “Día do Xogo Tradicional”. Despois de que a Asociación Galega de Xogo Popular e Tradiciona e a Rede Brinquedia organizasen a XI Festa dos Xogos en Muimenta, Lugo, o pazo zaseiro será a capital galega coa colaboración da propia AGXPT.

A cita será o sábado 8 de xuño o “Día do Xogo Tradicional”, entre as 16:00 e as 19:00 horas. Na carballeira que dá acceso ás Torres do Allo estarán instalados numerosos postos de xogos tradicionais para que calquera persoa ou familia poida achegarse e aprenderlles aos máis pequenxs a divertirse coma se facía en tempos.

Haberá materiais e divulgar a mecánica de xogos coma os birlos, a buxaina, a mariola, as chapas, a roma, a chave, os zancos, as carrilanas, o tirapedras… e moitos máis. Toda a carballeira do camiño de entrada ao pazo será invadida polos xogos.

Dia do Xogo Tradicional nas Torres do Allo

Comentarios