mércores. 30.04.2025
El tiempo

Zas acolle o 31 de maio un simposio sobre o aproveitamento socioeconómico do liño

presentacion-simposio-lino-zas
presentacion-simposio-lino-zas
Zas acolle o 31 de maio un simposio sobre o aproveitamento socioeconómico do liño

Analizar todos os principais aproveitamentos socioeconómicos do liño será un dos obxectivos do simposio “O liño e as iniciativas emprendedoras transformadoras; estratexia para un desenvolvemento sostible na Costa da Morte” que se celebrará o vindeiro 31 de maio en Zas e que está organizado polo Concello de Zas e o Consello da Cultura Galega, coa colaboración da Universidade da Coruña.

A través de dúas conferencias e unha mesa redonda, o simposio porá de manifesto a relevancia do liño como motor de transformación económica e sostible, destacando o seu valor en sectorres como o textil e o agroalimentario.

O Alcalde, Manuel Muíño, resaltou durante a rolda de prensa a importancia deste encontro que atraerá ao municipio expertos en innovación e desenvolvemento sostible de primeiro nivel.
Tamén interviu Jorge Mira Pérez, en calidade de membro do Plenario do Consello da Cultura Galega - CCG -, que debullou o programa desta xornada na que participarán Rosario Álvarez, Presidenta do CCG; Carmen Cotelo Queijo, directora da Axencia Galega de Innovación; Francisco Javier Sardina López, Catedrático de Química Orgánica da USC; e Nuria Calvo Babío, Catedrática da Facultade de Economía da UDC. A xornada rematará cunha mesa redonda.

“Intentarase que este simposio teña un pouso institucional e que o liño entre na axenda do I+d+i”, sinalou Jorge Mira durante a súa intervención. Esta é unha das poucas ocasións que o Consello da Cultura Galega organiza un actividade fóra da súa sede, instalada no pazo de Raxoi.

Durante a rolda de prensa interviu tamén Braulio Astray, Director Adxunto da Fundación da Universidade da Coruña, entidade colaboradora na organización do evento. “Este simposio é un punto máis dentro da liña de colaboración da Universidade da Coruña co Concello de Zas xa
que se enmarca dentro do proxecto Estratexia para o desenvolvemento socioeconomico sostible na Costa da Morte: apoio a iniciativas emprendedoras transformadoras a través do cultivo do liño e no que se está a traballar dende hai un tempo xunto coa Asociación Amigos do
Liño”, indicou.

Este simposio tamén está ligado coa posta en marcha do Parque Científico-Tecnolóxico; un proxecto do equipo de Goberno do Concello de Zas no que se está a traballar para a súa posta en marcha.

Comentarios