![dia-da-bici-zas]()
O percorrido, duns 20 quilómetros, discorre por distintos lugares do municipio
En Zas xa está todo preparado para celebrar este domingo unha nova edición do
día da Bici que se inclúe dentro da
programación de verán argallada polo concello. O percorrido comezará ás 10:30 horas dende a praza do concello ubicada en Zas; éste será tamén o punto de chegada. Será unha ruta circular dirixida a todos os veciños e veciñas do municipio maiores de 6 anos.
Para participar é necesario anotarse (o prazo remata hoxe) nos centros socioculturais de Zas ou de Baio (981 75 13 98 ou no 981 71 80 56). Ademais de inscribirse, outro requisito obrigatorio é o uso de casco.
Este ano os participantes percorrerán coas súas bicis ao redor de 20 quilómetros nos que visitarán diferentes lugares do municipio; tales como Mira, Carreira, Gándara, San Cremenzo, Lamas e Baio. A carballeira de Baio será o lugar do avituallamento para repoñer forzas antes de voltar á praza do concello, punto de chegada da ruta, pasando de novo por Lamas. A hora de chegada está prevista entre as 13.30 e as 14:00 horas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Zas