![Campamento_Urbano en Zas]()
Campamento Urbano en Zas
Unhas 400 familias de Zas tiveron ao oportunidade de conciliar algo mellor o eido laboral e familiar durante estas vacacións escolares. O programa "Zas no verán!”, que vén de pechar unha nova edición con récord de participantes, permitiu que uns 400 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos tivesen moitas mañás ocupadas, permitindo aos seus pais e nais poder traballar.
Foi a deste ano a mellor marca de participantes nas actividades entre as que destacaron os campamentos urbanos e deportivos que se celebraron en cinco turnos diferentes repartidos entre os Centros Socioculturais de Zas e de Baio, cheos de actividades deportivas, culturais, ambientais e tamén de entretemento e convivencia.
Houbo varias datas especiais, como o exitoso Día da Bici, no que participaron máis de 75 veciños e veciñas de diferentes idades, ou a excursión ao Aquapark, que levou a 65 nen@s de 8 a 16 anos a Cerceda.
Outra das actividades que van en aumento en canto á participación e que este ano organizamos por terceira vez consecutiva son Os Venres a Pé. Foron tres andainas por distintos puntos de interese do noso concello.
”Un día nas Torres”, o campemento de Naturmaz ou a excursión ao Parque de Arte Ruprestre de Campolameiro, en Pontevedra, tamén foron citas singulares no verán zaseiro.
![Venres a pe en Zas]()
Venres a pé en Zas
![Campamento de Zas en Naturmaz]()
Campamento de Zas en Naturmaz
![Dia-da-bici en Zas]()
Dia da bici en Zas
As piscinas municipais de Zas amplían o seu horario ata o 11 de setembro
Durante estes primeiros días de setembro, as piscinas municipais de Zas e Baio continuarán abertas. En concreto, o Concello de Zas alonga o horario ata o día 11 de setembro.
Desta forma amplíase nestas instalacións municipais a campaña de verán activa durante os meses de xullo e agosto para que toda a veciñanza poida continuar gozando do bo tempo que nos acompañará, previsiblemente durante os próximos días.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/mais-de-1-000-persoas-participan-na-semana-cultural-de-zas/
https://quepasanacosta.gal/carballo-tamen-concilia-as-duas-primeiras-semanas-de-setembro/