Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Zas conmemora un completo Mes das Letras con música, contacontos e teatro

Letras Galegas Zas 2023
Zas conmemora un completo Mes das Letras con música, contacontos e teatro

O Concello de Zas, a través do seu departamento de Cultura, vén de dar a coñecer as actividades do tradicional programa “Maio, mes das letras”, nun Día das Letras Galegas que este ano está adicado a Francicos Fernández del Riego. A maior parte das propostas están dirixidas ao público en idade escolar e nas que inclén actuacións musicais, contacontos e teatro:

  • 11 de maio: “Contos para caghar patatillas”:  función escolar que de Brais das Hortas ao Auditorio do Concello ás 10:30 horas. 
  • 17 de maio: Dobre sesión de teatro no Auditorio de Baio a partir das 18:00 horas co Grupo ELAS Teatro do IES Maximino Romero de Lema que nos interpretarán “O partido” e co Grupo de Teatro de 4º de EP do CEIP Labarta Pose que representarán “O trasplante de corazón”
  • 19 de maio: Brais das Hortas volve ao Auditorio de Baio, ás 12:30 horas, cos seus “Contos para caghar patatillas”. 
  • 19 de maio: A formación Abril leva o seu espectáculo de “Música folk” ao IES Maximino Romero de Lema. A función, dirixida ao alumnado da ESO e de Bacharelato, comeza ás 12:45 horas
  • 29 e 30 de maio: Os ratiños de Trinke Trinke Teatro trean á Axencia de Lectura de Baio o seu contacontos infantil “Viaxe a Brasil” co que, ademais de facernos pasar un anaco moi divertido, fomentan a animación á lectura. Está dirixido ao público infantil e familiar e comeza ás 18:00 horas. Ao día seguinte, o 30 de maio, repiten a función na Biblioteca Municipal de Zas.

Letras Galegas Zas 2023 2

Ademais,  continúa a VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose coas seguintes representacións:

  • 13 de maio: O Auditorio de Baio acolle ás 21:00 horas a representación da obra de teatro “A pena do cu do mundo” de Carrachanacacha do Aturuxo de Melpómene
  • 20 de maio: O Auditorio de Zas acolle ás 18:00 horas a Clausura da Escola de Teatro Inantil do Concello de Zas e a entrega de premios da VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

XIV Concurso de marcapáxinas

E como vén sendo habitual por estas datas, as Bibliotecas municipais e o Concello de Zas convocan o XIV Concurso de Marcapáxinas co que nos suman aos actos de homenaxe a Francisco Fernández del Riego. 

 

Máis info: Letras Galegas: Quen foi Francisco Fernández del Riego?

Comentarios