Venres. 26.04.2024
El tiempo

Zas crea actores e camiñantes

Zas crea actores e camiñantes

A veciñanza de Zas tivo doble cita esta pasada fin de semana. Por unha banda, os 80 camiñantes percorreron unha nova etapa do Camiño a Fisterra. Mentres que pola noite, o teatro foi o protagonista coa clausura da Escola Municipal que dirixe Badius.

Camiñando polo día

O sábado 28 de maio tivo lugar a 3ª etapa do Camiño de Santiago a Fisterra, organizado polo Concello de Zas, na que participaron 80 persoas. A etapa transcorreu entre Santa Mariña e a Capela de Nosa Señoras das Neves. E os camiñantes difrutaron da beleza da paisaxe, e coma sempre, das cervezas ao remate da xornada.

A vindeira etapa que será a última, terá lugar o día 11 de xuño, rematando así este tramo do Camiño, aínda que xa se está pensando en facer a continuación ata Muxía.

Actuando pola noite

Por outra banda, o sábado 28 de maio tamén tivo lugar a Clausura da Escola Municipal de Teatro. A cita foi no Auditorio de Baio ás 19.30h e os cerca de 40 alumnos que forman a Escola representaron 9 pequenas pezas de teatro nas que mostraron o traballo feito durante o curso. A escola estivo dirixida polos monitores Pablo Soto, "Pibe" e Marco Álvarez, integrantes do grupo de Teatro Badius.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos da man de Fidel Otero, do Concello de Zas.

Comentarios