Luns. 29.04.2024
El tiempo

Zas debate se emitir as sesión plenarias pola rede

Pleno do Concello de ZAs setembro 2023
Zas debate se emitir as sesión plenarias pola rede

Son varios os Concellos da comarca que levan un tempo retransmitindo os plenos por Youtube ou Facebook. Santa Comba, Ponteceso, Muxía ou Muros son algúns dos exemplos. E podemos dicir tras seguilos durante meses, que máis alá dalgunhas persoas irrespetuosas que se amparan na rede para insultar, a emisión dos plenos é unha gran ferramenta de participación cidadá na vida política municipal. Así o avala o gran seguemento que ten.

Na tesitura de decidir ou non se se empezan a emitir os plenos atópase o Concello de Zas. O PSdG presentaba unha moción, pola vía de urxencia, para que se graven e retransmitan as sesións. Unha posibilidade que dende o BNG e mesmo o BNG non a desbotan, se ben votaron en contra da urxencia da moción.

”Non hai ningunha normativa legal que obrigue a grábalos”, sinala o alcalde Lolo Muíño. “É unha decisión política que compartimos todos”, apunta deixando a porta aberta a que os portavoces se xunten para levalo a cabo conxuntamente.

Para a voceira PSdeG-PSOE de Zas, Sheila Ril, a medida é “imprescindible para achegar a política municipal a veciñanza”.

Durante o pleno a voceira socialista levou tamén á sesión unha pregunta en relación coas Bibliotecas Municipais de Zas e Baio, que se atopan pechadas en pleno inicio do curso escolar. O motivo explicado polo alcalde foi o das vacacións das persoas encargadas.

Comentarios