Luns. 26.08.2019
El tiempo

Zas entregou os premios do Concurso de Escaparates da campaña En Negro contra as Violencias

Zas entregou os premios do Concurso de Escaparates da campaña En Negro contra as Violencias
Confecciones Valinas e Modas Lodi ganaron o concurso de escaparates En Negro en ZasAs responsables de Confecciones Valinas e Modas Lodi recollendo o premio no Concello do concurso de escaparates En Negro

Este pasado 2018 foi histórica á loita contra a violencia de xénero. E así se puido comprobar co nivel de implicación en cousas tan pequenas, e tan grandes, como a implicación da hostalería nas campañas de concienciación. Así aconteceu na campaña “En Negro contra as Violencias”, a través da cal Zas convocaba un simbólico concurso de escaparates.

Finalmente, as gañadoras foron Confecciones Valiña e Modas Lodi, que recibiron o premio (un trofeo e un diploma) da man do Alcalde de Zas, Manuel Muíño, xunto coa responsable do CIM – Centro de Información á Muller –, Carmen Espasandín. Patricia Senande, Concelleira de Igualdade de Zas, non puido asistir ao acto de entrega dos premios por cuestións persoais. Os membros do Centro Especial de Emprego Aspaber encargáronse do deseño e da elaboración dos trofeos.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/fuga-de-escaparates-e-baio/

Comentarios