Luns. 22.04.2019
El tiempo

Zas estrea sede electrónica

Sede electronica do Concello de Zas
Sede electronica do Concello de Zas
Zas estrea sede electrónica
Zas estrea sede electrónica

Que cómodo é solicitar un certificado de empadronamento dende a casa. Ou pedir a descarga de distintos impresos, a solicitude de diferentes trámites en distintas área como urbanismo, servizos sociais… Todo isto pode realizarse xa dende a nova Sede Electrónica do Concello de Zas, aberta 365 días ao ano.

“Esta nova ferramenta supón un avance importante para toda a veciñanza xa que a través dela poderán realizar os trámites administrativos que precisen a calquera hora e todos os días do ano e dende os seus fogares”, sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño.

A plataforma ten tamén Taboleiro de Anuncios onde os veciños e veciñas poden consultar toda a información oficial.

Que necesito

Necesito adquirir o acceso a través do Sistema [email protected] que lle permite ao cidadán a tramitación a través de clave PIN ou clave permanente, a maiores do certificado electrónico e DNI-e.

Comentarios