Zas acolle este domingo unha singular xornada canina

Tras o éxito da primeira edición, tanto en número de participantes como en público, o vindeiro 25 de maio celébrase a II Xornada Canina Concello de Zas. Un evento organizado polo Concello de Zas xunto coa Asociación de Centro Legales de Cría y Cuidado Responsable e o Centro Veterinario Cenvet.
Será na Praza Jorge Mira Pérez de Baio a partir das 10:00 horas. Tras a inauguración do evento, realizarase unha exposición con criadores profesionais que serán valorados para a clasificación no campionato galego Ascelcre/Expogal.
Ao igual que o ano pasado, realizarase un concurso canino local aberto a todas as persoas que desexes participar co seu can e que se celebrará ao redor das 11:30 horas. Entre todos os participantes haberá un sorteo de agasallos e premios especiais para o can máis guapo e para o máis simpático.
Unha vez rematado o concurso local, haberá unha exhibición canina que realizarán os criadores profesionais con destacados exemplares. O evento remata ao redor das 13:30 horas coa entrega de premios.
Inscrición no Concurso
Para participar é necesario anotarse previamente no Centro Sociocultural de Baio, no número de teléfono 981 718 056 ou a través deste formulario. A inscrición é de balde.