Martes. 15.10.2024
El tiempo

Zas percorre o seu patrimonio arqueolóxico con dúas rutas guiadas

Zas percorre o seu patrimonio arqueolóxico con dúas rutas guiadas
O próximo domingo, 29 xullo, arranca en Zas unha nova edición da súa semana máis cultural. Diso encargaranse o alumnado  do grupo Sen Tempo Teatro da Escola Municipal de Teatro para Adultos do Concello de Zas coa representación da obra "Sábado... sabadete...". A cita, que é ás 21:00 horas no auditorio de Zas, é só un aperitivo de todo o haberá na vila ao longo dos próximos días. Monólogos, exposicións, obradoiros… e dous roteiros a través dos cales coñecer a riqueza arqueolóxica do municipio. A primeria destas rutas será este martes, 31 de xullo, na que os participantes - acompañados dun guía - percorrerán varios puntos do municipio de Zas que agochan distintos xacementos arqueolóxicos. A primeira parada será Pedra Vixía, onde se atopan os restos do dolmen da Pedra da Moura. Logo un autobús desprazará aos participantes ata a parroquia de Muíño, onde se atopa a Arca da Piosa; un dos monumentos megalíticos de maior recoñecemento de toda Galicia e que inspirou a Eduardo Pondal quen viu nesta anta a tumba de Brandomil, un dos seus míticos guerreiros celtas da antiga Galicia. Unha vez visitado o monumento megalítico e despois de coñecer parte da súa historia, os visitantes desprazaranse novamente en bus ata Brandomil para coñecer máis polo miúdo a ponte, o castro e os restos romanos que se atopan nesta vila. A saída será ás 15:30 horas dende o Centro Sociocultural de Zas e aconséllase levar calzado axeitado xa que se realizarán pequenas camiñatas. Roteiro nocturno Dentro da programación da Semana Cultural tampouco podía faltar a ruta noctura con observación astronómica incluída, tal e como se vén facendo nos últimos anos. E como sempre, diso encargarase o físico baiés Jorge Mira quen comentará os principais elementos que se poden contemplar no firmamento en días de verán como estes. E lugar escollido para esta contemplación é Arca da Piosa, un lugar cargado de misticismo e alonxado da contaminación lumínica. Para a observación sairase en autobús ás 22:00 horas do Centro Sociocultural de Zas, onde un pouco antes (ás 21:15 horas) terá lugar a presentación do libro “Na procura da noite: Fotografando o ceo nocturno” editado pola USC e coordinado por Jorge Mira e na que unha das coautoras é a fotógrafa Ana García. Para participar en calquera das dúas rutas, é necesario anotarse previamente a través dos números de teléfono 981 718 056 ou 981 751 398 ou no centro sociocultural de Baio ou no de Zas. A inscrición é gratuíta. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/a-semana-cultural-enche-zas-de-animacion-entre-o-29-de-xullo-e-o-4-de-agosto/ Fonte  

Comentarios