sábado. 11.10.2025
El tiempo

Unha homenaxe para Isabel Suárez Amado, figura clave do tecido asociativo de Zas

ISABEL SUÁREZ AMADO Zas
Unha homenaxe para Isabel Suárez Amado, figura clave do tecido asociativo de Zas

O vindeiro día 18 de outubro ás 18:00, o PSdeG de Zas fará un acto de homenaxe e recoñecemento a Isabel Suárez Amado, figura clave do tecido asociativo da vila, falecida no ano 2018.

Sheila Rial, voceira socialista local, sinala que será "un acto pensado dende o cariño e o respecto, no cal se outorgará un merecido recoñemento a una muller que adicou a súa vida a mellorar o seu municipio".

Isabel, natural de San Cremenzo de Pazos, foi, explica Rial, "unha gran muller, vinculada ao PSOE de Zas dende 1995 e implicada de cheo na vida social e cultural de San Cremenzo e de Zas en xeral". "O seu falecemento no ano 2018 deixou unha enorme consternación en todo o municipio", engade.

Desde moi nova, Isabel estivo vinculada á cultura, formou parte da Escola Municipal de Teatro de Persoas Adultas de Zas e tamén ocupou numerosos cargos nas comisións de festas e na Asociación de Veciños da súa parroquia. Foi nas listas electorais do PSOE de Zas, dende 1995, durante varias lexislaturas consecutivas.

O acto, coincindo na semana do Día da Muller Rural, será na Casa do Pobo de Zas, na rúa Agra dos Cregos. 

Comentarios