Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Zas potencia a “Ruta dos pazos barrocos” coa contratación dun técnico en patrimonio

Zas potencia a “Ruta dos pazos barrocos” coa contratación dun técnico en patrimonio
pazo-romelle-fachada-atras Imaxe do Pazo de Romelle en Zas

Parece decidida a aposta do Concello de Zas polo patrimonio. Así o corrobora o coidado das Torres do Allo cun completo programa cultural, ou a campaña Zas polo miúdo, que recupera o valor das parroquias a través da rede.

A nova proposta baséase na contratación dun técnico/a de Patrimonio a xornada completa durante catro meses. As tarefas que desempeñará a persoa seleccionada consistirán na elaboración de documentos de traballo e de guías didácticas sobre a Ruta dos pazos barrocos e outros recursos turísticos do municipio de Zas, a divulgación da ruta entre os distintos colectivos, a atención a visitantes individuais e en grupo ou a información turística aos visitantes polas distintos canles de comunicación; ademais de proporcionar información sobre recursos turísticos, culturais e naturais; realizar tarefas administrativas xerais e participar nos seminarios de formación en temas relacionados co turismo.

Como presentarse

Os/as interesados/as en participar no proceso de selección teñen un prazo de 7 días naturais, que empezará a contar mañá martes, para presentar as súas instancias nas dependencias administrativas do Concello de Zas. A selección realizarase mediante o procedemento de concurso-oposición e o contrato terá unha duración de catro meses e a xornada completa. O Concello de Zas dispón para a prestación deste servizo dunha axuda da Deputación da Coruña dentro do Programa de subvención a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico para a atención de museos e centros de interpretación durante o ano 2017.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Zas.

Comentarios