Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Zas prepárase para a XIX Comida da Fía do Liño

Zas prepárase para a XIX Comida da Fía do Liño
Cartel da comida de Exaltación da Fía do Liño de Zas 2013

Xa está de volta, un ano máis e xa van 19, a Exaltación da Fía do Liño. A Asociación de Amigos do Liño, comandada por Carmen Riveiro, volve artellar no Polideportivo de Baio unha comilona-desfile-demostración ante medio millar de comensais. Un xeito de devolver o liño aos tempos de hoxe, con semellante intención que a Mostra do Encaixe.

A cita será o vindeiro sábado 20 de abril. O Menú será a base de produtos de Conservas Boya, migas de pan con chícharos, patatas con bacallau e papas de arroz.

Pero haberá moito máis, pois antes do xantar, á 13:00h, haberá demostración de fiado acompañado todo o proceso do traballo do liño coas pandereteiras da Asoc. Adro de Baio. Ademais, tralo banquete, desfile, e Gran Sorpresa, e para rematar, baile.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios