Venres. 26.04.2024
El tiempo

Zas prepárase para as actividades do véran

Zas prepárase para as actividades do véran
O vindeiro luns, día 26, ábrese o prazo de inscrición para as actividades de verán ofertadas polo concello de Zas e que están dirixidas, principalmente, ao público infantil. As actividades do verán arrancan o sábado 1 de xullo cunha festa infantil no campo de fútbol e na piscina municipal de Zas. Dende as 16 ata as 2o horas os nenos e nenas de todas as idades do municipio desfrutarán dunha tarde na que nos faltarán os inchables, tobogáns acuáticos, touro mecánico, festa da espuma,... e unha merenda. O concello de Zas oferta de novo os cursos de natación que se levarán a cabo durante os meses de xullo e agosto nas piscinas de Zas e Baio e que están dirixidos para veciños e veciñas de todas as idades. Durante o mes de xullo celebraranse dous cursos de "Edición dixital de fotografía e vídeo"; na aula do centro sociocultura de Zas e outro no de Baio. O curso está dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos e realizarase en horario de mañá, de 10 a 12 horas. O custe é de 5€ para empadroados/as e 10€ non empadroados/as. Tamén as mañás dos meses de xullo e agosto haberá campamentos urbanos e deportivos nos centros socioculturais de Baio e Zas dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos. Haberá un total de 25 prazas por localidade e esta actividade ten un custe de 5€ para os empadroados e de 10€ para os de fóra do concello. Cómo vén sendo habitual nos últimos anos, o concello de Zas organiza un campamento de tres días en Naturmaz que está dirixido a nenos e nenas de 7 a 14 anos. Haberá un total de 45 prazas e será os días 19, 20e 21 de xullo. O campamento ten un custe de 50€ para os empadroados e 95€ para os non empadroados. Dentro das actividades culturais que se desenvolverán ao longo deste verán en Zas, inclúese o programa de "Noite de Cine" no que se proxectará cine en emprezamentos únicos como as Torres do Allo, a contorna da Ponte de Brandomil e en Fornelos. Será sempre á noite e é unha actividade gratuita. O 27 de xullo realizaráse unha excursión ao parque arqueolóxico da Arte Rupreste de Campolameiro, en Pontevedra. Os destinatarios son a rapazada de entre 7 e 16 anos na adquirirán coñecementos sobre a Idade do Bronce a través dunha visita guiada. Tamén participarán en dous obradoiros: “A voltas co lume” e “Caza na Prehistoria”. Do 30 de xullo ao 6 de agosto celebrarase a Semana Cultural que rematará coa festa da Carballeira - 4 e 6 agosto - . Ao longo de toda a semana haberá teatro, música, varios obradoiros, exposicións,... Os días 11, 18 e 25 de agosto, o concello organiza distintos roteiros de sendeirismo polo municipio dentro do programa "Os venres a pé" e que está dirixido a maires de 7 anos e adultos. E como vén sendo habitual, este verán tampouco faltará a concetranción de motos clásicas (que vai pola 13ª edición) que será o 30 de xullo; o día da bici (13 de agosto); a excursión ao Aquapark de Cerceda (17 de agosto) e o trofeo de Fútbol Concello de Zas que será en agosto. Visitas teatralizadas Ao igual que o ano pasado, as Torres do Allo acollen todos os domingos de xullo e agosto as visitas guiadas teatralizadas. Ésta é unha actividade gratuita que será sempre ás 19:30 horas. Os interesados en participar nalgunha destas actividades poden anotarse a partir do 26 de xuño nos centros socioculturais de Zas e Baio (981 751 398 - 981 718 056) en horario de 9:30 a 14 horas. Novas relacionadas   Fonte

Comentarios