"Zas polo miúdo" é nome do novo programa posto en marcha pola concellería de Cultura de Zas - dirixida por Manuel García Velo - que bota a andar este mes e co que se pretende dar a coñocer os valores naturais e culturais do municipio a través da rede.
Así cada mes, presentarase na
páxina web do concello cada unha das dezaseis parroquias que compoñen o concello coa documentación elaborada por Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema.
A iniciativa arranca coa presentación da
parroquia de Brandoñas - situada ao sur do municipio - onde se expoñen datos poboacionais, históricos, arqueolóxicos, patrimoniais e culturais, entre outros, acompañados de fotografías de cada unha das parroquias.
Brandoñas é unha parroquia que destaca pola súa riqueza en mámoas, entre ela a Mina do Cotón nos Currais, sendo unha das de maiores dimensións do concello e das mellores conservadas.
![mamoa currais bandronas zas]()
Brandoñas é unha parroquia que conta cunha gran cantidade de mámoas
Novas relacionadas
Fonte