Martes. 16.04.2024
El tiempo

Zas recibe o verán cun completo programa de actividades para todos os públicos

Zas recibe o verán cun completo programa de actividades para todos os públicos
Os domingos as 19:30 horas habera visitas teatralizadas nas Torres do Allo Os domingos ás 19:30 horas haberá visitas teatralizadas nas Torres do Allo Ainda que os destinatarios da maior parte das actividades culturais e deportivas que ten programadas o concello de Zas para os próximos meses son os máis pequenos, tamén hai novidades importantes dentro da oferta. Unha das principais son as visitas teatralizadas ás Torres do Allo durante todos os domingos de xullo e agosto a partir do día 1o do próximo mes e que serán totalmente gratuitas para os visitantes. Diso encargarase a compañía de teatro Os Quinquilláns que comezarán a súa función ás 19:30 horas. Ademais o concello de Zas, que é o encargado de xestionar as visitas e a difusión deste espazo turístico, xa puxo en marcha o horario de visitas para o verán. As instalacións permanecen abertas todos os días de 11 a 20 horas. O programa estival arranca cunha das actividades preferidas polos nenos e nenas do concello: a festa infantil. A cita será o sábado 2 de xullo no campo de fútbol e na piscina municipal de Zas entre as 16 e as 20 horas. Inchables, tobogáns acuáticos na piscina, touro mecánico, master class de zumba, tiro con arco, festa da espuma, e unha merenda con flocos de millo e coa campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata” serán as principais actividades que amenizarán a tarde. festa infantil concello de zas 2016 A partir do vindeiro luns, 27 de xuño, ábrese o prazo de inscrición para os cursos de natación que se desenvolverán nas piscinas de Baio e de Zas para todas as idades. Tamén se abre o prazo para inscribirse o curso "Crea un videoxogo, aprende a programar", dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 13 anos. Esta actividade, cun máiximo de 12 prazas por curso, realizarase nos centros socioculturais de Baio e de Zas en horaio de mañá. O custe da mesma é de 5€ para os empadroados e 10€ para os non empadroados. Campamentos de verán Unha ano máis, repítense os campamentos urbáns e deportivos  entre os 4 e o 8 de xullo en Baio e os 11 e o 15 de xullo en Zas. Os destinatarios son rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos e o número de prazas é de 25 por cada localidade. Os interesados terán que abonar 5€ en caso de que estean empadroados en Zas e 10€ no caso contrario. Tamén está previsto realizar os días 19, 20 e 21 de xullo o campamento en Naturmaz. Esta actividade - que inclúe aloxamento en albergue, comidas e actividades como tirolesa, escalada, paintball, circuíto multiaventura, rappel, tiro con arco,... - está dirixida a nenos e nenas entre 7 e 14 anos. O prezo é de 50€ para os empadroados e 95€ para os non empadroados. En total hai dispoñibles 45 prazas. En agosto terá lugar o campamento urbán medioambiental (os días 16, 17 e 18 de agosto en Zas e 23, 24 e 25 de agosto en Baio). Os destinatarios son os nenos e nenas entre 4 e 12 anos. Outra das saídas que se organizan dende o concello de Zas para este verán é unha excursión ao Aquapark de Cerceda o día 28 de xullo. Os destinatarios son os nenos e nenas de 8 a 16 anos e o prezo é de 5€ para os empadroados e 10€ para os non empadroados. O pavillón de Baio acollerá durante os meses de xullo e agosto a Escola de Tenis impartida por Tenis Saborido SC. As clases terán lugar os martes e os xoves de 16 a 17:30 horas e a actividade - que ten un custe de 20€ ao mes - está destinada a maiores de 8 anos. Pola súa banda, a A.D. Su a Agra de Baio impartirá o curso de tiro con arco durante o mes de xullo. Esta actividade, que é gratuita, está dirixida a nenos e nenas de máis de 8 anos e a adultos. A oferta complétase con distintos roteiros de sendeirismo, baixo o lema "Os venres a pé", que terán lugar polos distintos lugares do municipio os días 19 e 26 de agosto. O día 24 de xullo - domingo - terá lugar a XII Concentración de Motos Clásicas, todas aquelas que teñan máis de 25 anos. Os participantes realizarán un percorrido que rematará cun xantar. Outra das citas que non pode faltar na programación cultural e deportiva de Zas é o Día da Bici que este ano será o 21 de agosto. O punto de saída situarase na ponte de Brandomil para dende alí facer un roteiro polo concello. A actividae é de balde e os destinatarios son os nenos e nenas maiores de 6 anos e adultos. Semana cultural Co gallo da Festa da Carballeira, o concello de Zas organiza do 1 ao 7 de agosto a Semana Cultural na que haberá teatro, música, obradoiros, exposicións,... Tamén en agosto, con data ainda sen concretar, se realizará o XXIX trofeo de fútbol concello de Zas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios