Martes. 19.11.2019
El tiempo

Zas vístese de branquiazul para facer o camiño

Zas vístese de branquiazul para facer o camiño

Non paran os veciños de Zas. Nin os pequenos nin os maiores. I é que esta fin de semana foi completa. Os maiores percorreron o segundo treito do Camiño, mentres que os máis cativos disfrutaron dun verdadeiro espectáculo de fútbol de primeiro nivel en Riazor.

Importante ademais a labor do Concello para espallar as cores branquiazuis por unha zona con moito branco e azulgrana. Fan falta esta clase de actividades para afondar o sentimento deportivista, o equipo da provincia, pola zona. De seguro que dos 50 cativos que visitaron Riazor para ver a agónica vitoria contra o Elche nun estadio abarrotado, boa parte senten un pouco máis fondo o sentimento branquiazul.

De Camiño

E o pasado sábado 21 de abril os case que 50 camiñantes zaenses emprenderon a 2ª etapa do Camiño Portugués. Nesta ocasión, corresponde á etapa que foi de Mos a Santa Comba de Bértola, duns 24 km. Toda unha experiencia para coñecer este tesouro que temos na Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Zas.

Comentarios