domingo. 18.05.2025
El tiempo

As actividades culturais estivais de Vimianzo entran na súa recta final

As actividades culturais estivais de Vimianzo entran na súa recta final
As actividades trasladanse as parroquias polas tardes cos serans ludicos As actividades trasladanse as parroquias polas tardes cos serans ludicos O concello de Vimianzo continúa coa programación de actividades culturais para a segunda quincena de agosto. De luns a venres, todas as mañás as nenas e nenos maiores de 3 anos poden participar nos talleres culturais que se desenvolven na Casa da Cultura. Pola tardes as actividades trasládanse ás parroquias. En todas as parroquias se desenvolven talleres e proxeccións de filmes adaptados á idade infantil. Na tarde do pasado mércores, as nenas e os nenos aprenderon as técnicas da olaría de Buño no taller de modelado de barro que tivo lugar no Castelo. Este taller repetirase o vindeiro mércores. E hoxe, perto de 80 nenas e nenos desprazanse até Cerceda para gozar no parque acuático. A festa fin de verán chegará o sábado 27 de agosto na praza do Concello vimiancés e o domingo (día 28) celebrarase o día da bicicleta. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Vimianzo
 

Comentarios