Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Cabana e Neaño, e Carballo e Coristanco uniranse por novas sendas peonís

Cabana e Neaño, e Carballo e Coristanco uniranse por novas sendas peonís
  A AC-429 tera senda peonil A AC-429 terá unha senda peonil

Continúa a aposta das administracións polas sendas peonís na comarca. Se a Deputación anunciaba a semana pasada a entrega de 4 sendas na comarca, hoxe a Xunta anuncia que licitará nos vindeiros días unha senda en Cabana de Bergantiños, na estrada AC-429, que unirá Neaño coa capitalidade do municipio, tras a aprobación no consello da Xunta do expediente de expropiación dos terreos.

Outras das actuacións que máis destacan son as proxectadas na estrada autonómica AC-552, un eixo de mobilidade sostible que se abre ás persoas para que camiñen de modo máis seguro e mellorando zonas que historicamente o demandaban. Nestes proxectos atópase a vía entre Carballo e o acceso ao polígono de Bértoa, na AC-552 en Carballo, que xa está licitada e que permitirá dar servizo aos traballadores e visitantes deste polígono industrial.

No outro sentido da AC-552, en dirección Fisterra, unirase Carballo con Coristanco para poder transitar a pé de modo seguro entre as dúas localidades e, dando tamén esta posibilidade aos traballadores da importante fábrica de conservas de Carballo que se atopa a carón da estrada autonómica.

Outras sendas

Por outra banda, tamén están licitadas as sendas entre Laracha e Paiosaco, na AC-552, e nas estradas AC-421 e AC-422 nos concellos de Malpica e Ponteceso, que permitirán unir Buño con Xornes e Canta la Rana.

Finalmente, está en proceso de supervisión o proxecto que completará a actuación na AC-552, entre Laracha e O Cancelo, e o da senda que unirá Laxe coa súa zona de equipamentos educativos a través da AC-429.

Novas relacionadas

Comentarios