![Un informe tecnico indica que a arbore estaba morta, o cal suponia un perigo]()
Un informe tecnico indica que a arbore estaba morta, o cal suponia un perigo
A praza do concello de Carballo acaba de quedar sen outra das súas árbores emblemáticas. E xa van dúas en menos de un ano. Trátase dun ciprés, situado ao carón dos xogos infantís do xardín municipal, que tivo retirado despois de que un informe técnico indicase que
a árbore estaba morta e podía supoñer un risco para os veciños e veciñas polo perigo que hai de que caia ou sexa derrubado polo vento,
tal e como sucedeu con outro ciprés centenario do xardín o pasado inverno.
![Na tala da arbore participou a brigada municipal, os bombeiros, proteccion civil e a policia local]()
Na tala da árbore participou a brigada municipal, os bombeiros, Protección Civil e a Policia Local
O concelleiro de Obras - Luis Lamas - informa de que
o ciprés será reemplazado no futuro por outra árbore - aínda está por determinar de que clase. Para levar a cabo os traballos foi preciso cortar ao tráfico un treito da rúa Desideria Varela así como o paso peatonal dunha ampla zona do xardín. Os traballos foron realizados pola brigada de Obras que contou co apoio dos Bombeiros, de Protección Civil e da Policía Local.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo