venres. 16.05.2025
El tiempo

Carballo retoma o proceso de licitación do contrato da auga

Carballo retoma o proceso de licitación do contrato da auga
Evencio Ferrero e Milagros Lantes explicaron en rolda de prensa os novos procedementos na xestión da auga Evencio Ferrero e Milagros Lantes explicaron en rolda de prensa os novos procedementos na xestión da auga O Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais - TACRC - vén de considerar "inadmisible por extemporáneo" o recurso interposto pola empresa FCC Aqualia S.A. o pasado 3 de febreiro contra os pregos para a licitación do contrato de xestión do servizo público do "Ciclo integral da auga do Concello de Carballo". Así o notificou a última hora do venres 19 de febreiro nunha resolución que, segundo explicou onte en rolda de prensa a concelleira de Contratación, Milagros Lantes, permitirá "levantar a suspensión cautelar" sobre o procedemento, que se retomará o antes posible. O obxectivo, sinala Lantes, é que a mesa de contratación poda reunirse para abrir o sobre 1 o venres desta semana (26 de febreiro), ou, en todo caso, a primeiros da seguinte para axilizar a apertura do sobre 2 e que o comité de expertos poda comezar a avaliar o antes posible os aspectos técnicos das propostas presentadas. Procedemento O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, subliña que "é unha boa noticia" a desestimación deste recurso xa que "esta resolución permitirá continuar co procedemento" e que favorecer que o concello conte cunha nova adxudicataria antes de que remate o contrato actual con Gestagua o próximo 30 de xuño. Ferrero tamén quixo lembrar que dende 2003 todos os grupos da corporación forman parte das mesas de contratación, e tamén quixo resaltar que o servizo do Concello "conta con técnicos moi cualificados". Un total de oito propostas de doce empresas (xa que varias concorren como UTEs) optan á concesión deste contrato, que ten un importe de 49.146.070,87 euros (IVE incluído) por un prazo de 20 anos (con cinco de prórroga previo acordo das partes).   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios