Carlos Callón defende en Carballo que o BNG é o único que non dá "cheques en branco"
          
    08:10 14/06/16 
            
 Paco Souto, Carlos Callon e Marcos Trigo durante o mitin do BNG en Carballo
Pouco antes de que comezase o #debate13J, Carlos Callón - cabeza de lista do BNG pola Coruña - asegura en Carballo que o seu partido non ten máis compromiso que a defensa dos intereses dos galegos e das galegas "mentres que os candidatos e as candidatas das forzas estatais que se presentan por Galiza xa teñen entregado un cheque en branco aos seus aspirantes á presidente do Estado, chámase Rajoy, Sánchez, Iglesias ou Rivera".
Callón aproveitou o mitin central de Carballo para marcar diferencias e subliñar que, por contra, o Bloque “negocia” a favor do país “como fixo ao longo de vinte anos de traballo no Congreso”. Convidou a mirar os diarios de sesións e comparalo con estes cinco meses, con deputados e deputadas que non presentaron nin unha soa proposta. “A nosa representación servirá para pasar a páxina do inmobilismo carca de Rajoy, á diferencia dos que permitiron que continuara nestes meses de sainete e, ao mesmo tempo, imos darlle voz propia ás persoas deste país”. Nun contexto sen maiorías e co 30% dos e da electoras sen ter decantado o seu voto “daremos a sorpresa”, augura.
Transformación
 A portavoz do BNG, Ana Pontón, fixo un pequeno percorrido por Carballo momentos antes do mitin
Pola súa banda, a portavoz nacional Ana Pontón puxo ao goberno local como “símbolo da capacidade do Bloque para transformar un concello a favor da súa veciñanza”. “Carballo pasou de ser unha vila descoñecida e parada no tempo, a ser un referente en transformación urbana e cultural, cada vez máis orientada ás persoas, con iniciativas que facilitan a mobilidade, incluídos os máis pequenos coa proposta dos camiños escolares” sentenciou a nacionalista durante o mitin.
Vindeiras citas
O propio Carlos Callón estará esta tarde de luns, a partir das 16:00h, coa Plataforma en Defensa do Mar da Comarca Muros-Noia. A xuntanza terá lugar na sede local do BNG de Noia. Sandra Vilela e Aurelio Núñez, do PP, realizarán mañá un paseo polo mercado de Muxía e ás 11 horas acudirán ao restaurante Marina.Novas relacionadas
- Manuel Antelo: “Deixamos o BNG porque non podemos ser os pepiños grilo toda a vida”.
 - O PSOE da Costa Atlántica manifesta a súa preocupación pola deriva do partido.
 - Eleccións Xerais 2015: 7 puntos claves das eleccións xerais do #20D.
 - Eleccións Xerais 2015: Eleccións #20D: O Bipartidismo mantense vivo na Costa da Morte coa irrupción de En Marea
 - Eleccións Xerais 2011: O PP arrasa na Costa da Morte igual que en toda España.
 
Novas electorais
Máis novas electorais
- Eleccións Municipais #24M Maio 15: A caída do PP e unha alcaldesa, os principais cambios das eleccións municipais.
 - Eleccións Municipais #24M Maio 15: Resultados das Eleccións Municipais 2015 na Costa da Morte.
 - Eleccións Autonómicas 2012: O PP arrasa na Costa da Morte nunhas Eleccións Autonómicas marcadas polo descontento.
 - Eleccións Municipais 2011: Os resultados das Eleccións Municipais 2011.
 
O Mirante: A previa das Eleccións Xerais 2015
- Decembro 2015: O Mirante: As coalicións protagonizan a recta final do 20D.
 - Novembro 2015: O Mirante: Ciudadanos sitúase como a terceira forza política.
 - Outubro 2015: O Mirante: PP e PSOE volven caer de cara ás Xerais de decembro
 - Setembro 2015: O bipartidismo recupérase segundo o estudo demoscópico O Mirante do mes de setembro.
 - Xullo 2015: #OMirante: PP e PSOE recuperan forza mentre Ciudadanos para o seu ascenso
 - Xuño 2015: O PSOE achégase ao PP mentras Podemos segue collendo impulso
 - Maio 2015: #OMirante: O Partido Popular continúa coa súa caída:
 - Abril 2015: #OMirante: Ciudadanos medra a costa do PP.
 - Marzo 2015: #OMirante: O PP retoma o mando en intención de voto ante o novo baixón de Podemos.
 - Febreiro 2015: : O Mirante: Podemos frea o seu medre pero segue sendo a forza máis votada.
 - Xaneiro 2015: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: O Mirante: Podemos gañaría as eleccións a día de hoxe.
 - Decembro 2014: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: Podemos, camiño da Moncloa.
 
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).