Catro praias da Costa da Morte suspenden na calidade das augas

14:15 01/06/17

Análise das zonas de baño concello a concello
- Camariñas: As praias de Area Longa, Arou, O Lago, A Areíña Branca e Lobeiras teñen unha calidade da auga "excelente"; mentras que a de Lingunde é "suficiente" e a de O Ariño "boa".
- Carballo: A clasificación sanitaria é "excelente" nas praias da Ría de Baldaio, Pedra do Sal e Saíñas, mentras que en Razo é "boa" e en Arnados "insuficiente".
- Carnota: Todas as praias de Carnota (San Pedro, Porto Quilmas, Corna Becerra, Area Blanca, A Insuela, Caldebarcos, San Mamede (Boca do Río), Mar de Lira, Porto Cubelo, Ardeliro e Lariño) teñen unha calidade da auga "excelente" excepto a de San Pedro que é "boa".
- Cee: Lires (pola piscifactoría e pola inoperancia da depuradora) e Estorde (pola falta de saneamento) teñen unha calidade da auga "insufiente" mentras que a de Gures é "excelente".
- Corcubión: Tanto as aguas de Santa Isabel como as de Quenxe teñen unha calidad "boa".
- Dumbría: A praia do Ézaro ten unhas augas de calidade "excelente".
- Fisterra: Langosteira conta cunha auga de calidade "excelente" mentras que as de Corveiro e Ribeira son "boas".
- Laxe: Todas os areias de Laxe (Laxe, Soesto, Arnado e Traba) contan cunhas augas de calidade "excelente".
- Malpica: A auga da Praia Maior está catalogada como "boa".
- Mazaricos: O río Beba-A Pontenova conta cunhas augas de calidade "boa".
- Muros: Todas as praias de Muros conta cunhas auga de calidade "excelente"mentras que as de O Cabo, Parameán, Medrón-Uía son "boas". Suspende cunha calidade insufiente "A Virxe do Camiño".
- Muxía: Os areais de O Lago, Espiñeirido, A Cruz e Lourido teñen unhas augas de calidade "excelente", mentras que é "boa" a de Area Maior e Nemiña.
- Ponteceso: É unha agua "excelente" en todas as praias excepto a de Arnela que é "boa".
Novas relacionadas
- 09-05-17: As praias de Arou e 3 areais pontecesáns amplían a 10 as Bandeiras Azuis da Costa da Morte
- 31-05-16: A UE pide a prohibición do baño en 4 praias urbanas da Costa da Morte por falta de saneamento
- 06-05-16: A Costa da Morte mantén as súas 6 bandeiras azuis.
- Novembro 2015: A Xunta perde os papeis co saneamento de Camariñas.
- Outubro 2015: O saneamento de Sardiñeiro estará funcionando o vindeiro mes.
- Xuño 2015: A praia de Lires, a única pechada ao baño de toda Galicia por mor da contaminación da piscifactoría.
- Febreiro 2015: O BNG reitera no Parlamento o informe sobre o estado da ría de Cee-Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)